Media ducia de centros educativos do Barbanza súmanse este curso a eDixgal

26 Xullo 2019

20190726 Media ducia de centros docentes de Barbanza veranse beneficiados este curso (2019/2020) coa súa inclusión no proxecto de libro dixital (eDixgal) da Consellería de Educación. Trátase do CEIP Santa María do Castro (Boiro), o CEIP Xosé María Brea Segade (Rianxo), o CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira), o CEIP Plurilingüe de Artes (Ribeira), o CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira), e o CEIP Plurilingüe O Grupo (Ribeira). En total, incorpóranse ao proxecto 80 centros de toda Galicia, dos que 33 son provincia da Coruña.

A iniciativa eDixgal, impulsada pola Consellería de Educación e a axencia AMTEGA, púxose en marcha no curso 2014/2015 cun total de 84 centros educativos e 2.300 alumnas e alumnos na etapa de educación primaria en toda Galicia. Coas novas incorporacións a comunidade de centros adheridos ao proxecto chegará a 347 centros de ensino e a 27.000 alumnas e alumnos. Os seus obxectivos fundamentais son transformar as nosas aulas tradicionais en aulas innovadoras e dixitais, coa colaboración de toda a comunidade educativa e de empresas da nosa terra, e loitar contra a fenda tecnolóxica que separa os núcleos urbanos de boa parte do rural.

O programa, que vai dirixido aos centros públicos que impartan ensinanzas de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO e que conten con aulas dixitalizadas, achega aos colexios unha manchea de materias de modalidade dixital (a totalidade das mesmas para os de Primaria, e media ducia de materias para os de Secundaria).

Os centros adscritos a este proxecto disporán “da conexión á rede axeitada e cos medios tecnolóxicos necesarios na aula”, así como para o profesorado e alumnado; e terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos de balde subministrados pola Xunta. Así mesmo, contarán con máis de 3.400 recursos do repositorio de contidos do espazoAbalar.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...