A Casa da Cultura da Pobra acubilla até o 31 as fotografías distinguidas no novo Premio Luís Ksado

17 Agosto 2020

Os seareiros da imaxe teñen estes días unha cita obrigada na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal, que acubilla as obras gañadoras do XVI Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica. A mostra ficará aberta até o 31 de agosto, en horario de 10.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas. O dito certame vén da man da Deputación da Coruña. A exposición está formada polas obras gañadoras, ex-aequo: Fillos de Breogán de Alejandro Real e Ganborder de Javier Arcenillas.

Un xurado internacional composto por Jorge Represa, Ana Palacios, Luís Vasconcelos, Pilar Carrera e Xoán Crespo, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e a xefa de sección de Cultura, Manuela Muñíz, en calidade de secretaria, decidiu por unanimidade por conceder o premio ex aequo a Alejandro Real e Javier Arcenillas por dous traballos que, segundo destaca “mostran unha gran calidade fotográfica e abordan a fotografía documental dende diferentes visións”.

A mostra complétase coas colección dos catro finalistas do premio, A epifanía etíope de Carlos López, Nuestra memoria de Juan Medina, Un breve momento de locura de Fuco Reyes, e Los paraísos artificiales de Rosa Taboada.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.