Mecos e Cabo da Cruz gañan o Campionato Galego de Traíñas 2019

26 Xullo 2019
Cedida por Club de Remo Cabo da Cruz

20190726. O peirao de Cabo de Cruz acolleu na xornada de onte o Campionato Galego de Traíñas 2019, converténdose así na sexta edición para a categoría feminina e a trixésimo sexta para a masculina.

Na modalidade absoluta feminina impúxose o Mecos, dos 7 clubs participantes. Seguiulle o Ribeira, Cabo, Tirán, Perillo, Mugardos e Chapela. Na absoluta masculina a vitoria foi parar a Cabo da Cruz, dos 16 equipos que competían. Despois quedou Ares, Meira, Tirán, Mecos, Vilaxoán, Bueu, Rianxo, Esteirana, Coruxo, A Cabana, Cesantes, Muros, Chapela, Vila de Cangas e Mugardos. Ademais, os dous mellores clasificados por autonomía acceden ao Campionato de España que se celebrará en Meira-Moraña o 3 e 4 de agosto.

A proba desenvolveuse en catro longos e en liña, co campo orientado de norte a sur e en liña paralela ao novo porto.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.