Rianxo e Noia entre os concellos destinados a recuperar as sús áreas de rehabilitación integral

14 Agosto 2020

A Xunta de Galicia financiará con preto de 2,7 millóns de euros as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) declaradas en Galicia. O reparto dos fondos de 2020 entre os concellos que dispoñen de ARI no seu territorio, realizado en función das solicitudes presentadas pola administración local, foi comunicado a cada concello solicitante. Para o reparto de fondos tívose en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.
Os fondos relativos aos obxectivos de 2020 beneficiarán a 17 concellos galegos, entre os que se atopan Rianxo e Noia ademáis de Betanzos, Corcubión, Ferrol, e Santiago, por parte da provincia da Coruña; Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos e Sober, na provincia de Lugo. Na de
Ourense, os concellos beneficiarios son Castro Caldelas, Ourense, Ribadavia e Vilar de Santos e pechan a lista de municipios beneficiados, tres más da provincia de Pontevedra: Tui, Vigo e Pontevedra.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.