Artes, Corrubedo e Ribeira acollen esta fin de semana cine, máxia, pasarrúas e música de baile tradicional

07 Agosto 2020

Fin e semana con actos en diversas parroquias ribeirenses.

ARTES: Así este venres os “Autocines de Verán” desembarcan esta noite no Centro Recreativo de Artes (22.15) coa longametraxe “Los futbolísimos”. O aforo está limitado a 35 vehículos, e a entrada é gratuíta.

SANTA UXíA: Por outra parte, cómpre lembrar que, mañá sábado ás 22.15 horas terá lugar o espectáculo de maxia e circo “Don Gelati” de Dani García na praza da Porta do Sol de Santa Uxía.

CORRUBEDO O pobo de Corrubedo vai ser escenario este domingo 9 de agosto dunha pequena programación lúdica cadrando coa que, de non ser polo covid-19, debería de ser o día grande das súas festas de verán.
Así, ás 13 horas haberá unha sesión vermú na zona portuaria a cargo do grupo local Os Bugis que se enmarca dentro da iniciativa Rúas Parroquiais impulsada dende a Concellería de Cultura.
E xa ás 21 horas o Grupo Tahume protagonizará un pasarrúas dende o entorno da praia da Robeiriña ata o porto pasando pola igrexa parroquial para culminar cunha actuación no peirao.
O uso de mascarilla é obrigatoria en todos os eventos e velarase polo cumprimento dos protocolos de seguridade.

Lembre que poden ver todo los actos que se celebran en Arousa Norte na AxendaBarbanza.gal

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.