A música das mozas rockeiras anima os comezos de agosto en Porto do Son

03 Agosto 2020

O programa cultural de Porto do Son entrou esta semana nun novo capítulo: unha nova entrega de actividades seguras e controladas de cinema e música. A primeira cita organizada polo Concello celébrase este mércores 5 de agosto e é unha nova entrega do ciclo de cinema Son Cine. Proxectarase, ás 22.30 na praza do Curro de Portosín, o filme Cómo entrenar a tu dragón.

Dous días despois, o venres 7, teremos unha boa ración de música para a rapazada da man de A Gramola Gominola, a banda de música de rock xuvenil que, da man da programación da Rede de Cultura da Deputación da Coruña, ofrecerá o concerto de presentación do seu disco Bravas, un libro-CD (Galaxia) de “auténtico rock&roll para reivindicar ás nenas, mozas e mulleres superheroínas atarefadas a día de hoxe en cambiar o mundo cos seus superpoderes”.Será ás 12.00 horas na praza de España de Porto do Son.

Ao día seguinte toman o relevo The Teta’s Band, que achegarán unha sesión vermú na praza do Curro de Portosín, o sábado 8 de agosto. The Teta’s Band é un grupo de rock feminino galego, creado en Ourense e especializado en dar viraxes sonoras inesperadas a todo tipo de clásicos, ao mesmo tempo que reivindican “a loita contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa lingua galega”.

A semana de cultura sonense remata o domingo 9 de agosto co espectáculo de Música China, ao mediodía (sesión vermú) na praza de España de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.