ADOS chama a doar sangue mañá 24 en Rianxo co gallo do 25 de xullo. Necesitase con urxencia os grupos B+ e 0 negativo

23 Xullo 2020

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado a participación de toda a cidadanía na campaña de doazón de sangue Verán 2020 e, moi especialmente aos grupos A positivo, B positivo e O negativo. ADOS lembra que as datas inmediatamente anteriores e posteriores ás festividades que coinciden coas operacións de tráfico de entrada e saída de vacacións, fan preciso aumentar a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue.ADOS lembra que, mensualmente, os nosos hospitais precisan ao redor de 10.000 doazóns de sangue, cifra que non diminúe no verán, pola contra, o período estival ofrece dificultades engadidas ao desenvolvemento das campañas de doazón por parte da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, especialmente pola deslocalización dos doadores e doadoras. A dirección de ADOS convida aos galegos e galegas a continuar amosando a súa xenerosidade e solidariedade e, aínda que nestes días precísanse aumentar o número de doazóns de todos os grupos sanguíneos, recalca especial mención do Cero negativo. 

Facilitar a participación A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas: 

Rianxo Cantón venres 24 de xullo todo o día

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.