Extinguido o incendio de Nebra . Aparece un novo nbo Son

23 Xullo 2020

O lume de Nebra (Porto do Son), que foi declarado antonte pola tarde e que orixinou a declaración de Situación 2 pola proximidade das lapas ás vivendas do núcleo de Queiro e polos riscos graves para a poboación que isto supuxo, foi finalmente controlado este mércores 22 á tarde-noite, logo de ter arrasado, segundo as últimas estimacións, unha superficie de monte de 40 hectáreas.

O dato foi achegado ás 9.00 deste xoves 23 pola Consellería de Medio Rural, que recoñece que o máis preocupa neste intre é o incendio activo que asola o concello de Verín e que xa levou por diante 160 hectáreas.

Volvendo ao de Nebra, afectou concretamente unha superficie de 40,71 hectáreas de arborado. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 22 axentes, 34 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.