A Audiencia da Coruña condena a 12 anos de cárcere un acusado de atracar unha gasolineira e disparar a un empregado

22 Xullo 2020

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a doce anos e dous meses de cárcere un dos dous sospeitosos de atracar unha gasolineira situada na AC-550 en xaneiro de 2019. Os xuíces absolveron ao outro acusado porque aseguran que non quedou probada a súa participación nos feitos.

O tribunal considera acreditado que o condenado disparou nunha perna ao empregado da estación de servizo á que se desprazou nunha motocicleta que subtraeu previamente dunha vivenda. Á vítima do disparo, que tiña 22 anos, quedáronlle graves secuelas, polas que o procesado deberá pagarlle unha indemnización de 82.000 euros. Os maxistrados considerárono culpable dun delito de roubo con forza en casa habitada e doutro de roubo con violencia, coa agravante de disfrace, así como dun delito de lesións con deformidade, coa agravante de aleivosía, e doutro de tenencia ilícita de armas, coa concorrencia da atenuante de drogadicción.

“O uso da arma de lume por parte do acusado de forma sorpresiva cando a vítima se achaba enfronte del, sen posibilidade de defensa é, sen dúbida, un ataque aleivoso, non só polo inesperado e imprevisible da agresión, senón tamén pola propia forma de executala, eliminando todo risco de reacción defensiva por parte da vítima”, salienta a Audiencia na sentenza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.