Este xoves toca reivindicar a lectura na apertura da Feira do Libro de Rianxo

22 Xullo 2020

Comezou a conta atrás para o comezo da Feira do Libro de Galicia, edición Rianxo, unha oportunidade inmellorábel para demostrar aos libros e aos libreiros o moito que nos axudaron durante os días máis críticos do confinamento. A feira desenvolverase na vila rianxeira entre este xoves 23 e o domingo 26 de xullo, adoptando o formato habitual de venda, promocións, presentacións e actividades pero baixo a fórmula dos protocolos de seguridade sanitaria (por exemplo dispoñendo xeles en cada caseta ou garantindo a distancia entre visitantes asegurando un número limitado de persoas en cada posto). A feira terá o seu epicentro no Campo de Arriba.

O pregón (o día 23 ás 13.00 horas) correrá a cargo do escritor local Ricardo Losada, autor da recente novela de éxito A casa xunto ao volcán, publicada por Galaxia, un dos grandes acontecementos literarios da pasada tempada (que transcorre, precisamente, na vila de Rianxo).

O horario da Feira do Libro rianxeira é o seguinte: de 12.00 a 14.00 (fin de semana de 12.00 a 14.30) e de 18.30 ás 22.30. Medidas de control: dous visitantes por caseta ao mesmo tempo. Desconto do 10% na venda en feira. Organiza: Federación de Librarías de Galicia. Colaboran: Concello de Rianxo, Xacobeo 21 (Xunta de Galicia), Deputación da Coruña, Industrias Cortizo.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.