Xa arderon 30 hct. en Nebra. Sigue a situación 2 no lume forestal, por proximidade ao núcleo de Queiro

21 Xullo 2020

A Consellería do Medio Rural activou a alerta por proximidade a casas no incendio forestal que este martes afecta á parroquia de Nebra en Porto do Son.

Hidroavións cargando en Portosin esta tarde. X.S.

A proximidade das chamas ao núcleo de Queiro, obrigou a decretar a coñecida como ‘situación 2’. É a primeira vez nesta campaña de incendios que a Xunta decreta esta medida de alerta ante a proximidade de incendios a núcleos habitados.

Incendio en Nebra. O Son. Video X.S.

Segundo as primeiras estimacións de Medio Rural, a superficie afectada é de 30 hectáreas. O de Porto do Son é un dos tres incendios forestais que se atopan activos esta tarde de martes en Galicia xunto con outros dous que afectan os concellos ourensáns de Padrenda e A Gudiña. O incendio na parroquia de Nebra, iniciouse ás 16,51 horas e nel interveñen sete helicópteros, seis avións, cinco motobombas, dúas pas, once brigadas e cinco axentes participan nas tarefas de extinción.

Vista aerea do incendio realizada pola Brif de Laza (Brigada de Reforzo de Incendios Forestais, (BRIF))

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.