Juan José Dieste Ortigueira – Partido Popular

22 Maio 2019

O actual alcalde de Boiro polo Partido Popular, Juan José Dieste, encara nestas eleccións locais a súa terceira campaña. O rexedor e máis o seu equipo, que aspiran á maioría absoluta (con toda a capacidade de movementos que isto implica), queren dar continuidade “aos éxitos e logros acadados nas anteriores lexislaturas”. Dieste afronta a campaña destacando as importantes capacidades da agrupación local que representa en todos os ámbitos da actividade política.

O alcalde, nado en Escarabote en 1963, ocupa o seu posto á fronte do Concello dende maio de 2011. É licenciado en Económicas pola USC e ten experiencia profesional nunha das empresas punteiras galegas: a boirense JEALSA.

A agrupación do PP local está encabezada por Juan José Dieste, Fernando Manuel García Diéguez, Manuel Romero Vázquez, Carmen Beatriz Deus Míguez, María José Lourenzo Ouviña, Diego Santamaría Vila, Benigno Miguel González Bermúdez, Paula García Alcalde, Martín Romero Luaces e Denís González Maneiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...