A comarca celebra O Carmen con actos relixiosos

15 Xullo 2020

A actual situación sanitaria fai que as tradicionais procesións en honra da Virxe do Carmen se suspenderán en toda a comarca. Non asi as celebracións relixiosas que terán lugar en moitas parroquias especialmente naquelas vinculadas o mundo do mar como Aguiño, Cabo de Cruz, Rianxo, Escarabote e Ribeira.

En Rianxo a misa terá lugar no Campo de Arriba ás 19.00 horas. Finalizada a cerimonia, unha comitiva integrada por varios membros da comisión organizadora das festas do Carmen, canceladas este ano desprazaranse ata o peirao para lanzar unha coroa ao mar. En Cabo de Cruz celebranse varias misas no interior da ermida. A principal será ao mediodía, pero haberá outras ás 10.00, 10.30, 110.00 e 11.30.

Os veciños de Aguiño terán unha misa que terá lugar ao mediodía no templo parroquial e que será transmitida por facebook. Á esa hora a igrexa de San Martiño de Noia acollerá unha misa.

Acto do ano pasado en Ribeira

A capital do Barbanza que celebra a procesión marítima durante as festas de verán en agosto, este ano terá unha misa solemne este xoves 16 ás 20.30 da tarde na Igrexia Parroquial de Santa Uxía.
A celebración no templo será unha homenaxe e lembranza aos falecidos na mar. Cumprirase coa tradición de botar a coroa no mar, será un só barco e farao en nome de todso os mariñeiros , de todas as persoas vinculadas ao mar e da súas familias neste ano 2020.

Procesión do Carmen 2019 Ribeira

Na parroquia pobrense do Castelo a celebración terá lugar o domingo. A misa será ás 19.00 horas. E en Lampón os veciños celebraranno o día 26 ás 12.30 no porto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión