A ABE habilita unha ludoteca para facilitar a compra dos clientes do comercio asociado

19 Xullo 2019

20190719. A nova directiva da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), presidida por Daniel García, continúa organizando novas actividades co obxectivo de potenciar as compras e visitas de clientes ás empresas de Boiro e por este motivo vai a poñer en marcha unha ludoteca, así como dous sorteos de vales de compra durante agosto.

A ludoteca estará en funcionamento durante os xoves e venres do próximo mes de 11.00 a 14.00 horas no local multiusos da praza de abastos que se acondicionará a tal efecto.

Só se poderá acceder a ela mediante as entradas que repartirán os establecementos participantes nesta campaña e serán válidas por 1 hora de duración para os días 1, 2, 8, 9, 16, 22, 23 e 29 de agosto.

Os comercios asociados entregarán unha entrada por cada compra superior a 20 euros entre o luns 22 de xullo e o xoves 29 de agosto.

O venres 30 de agosto organizarase unha festa final despedida con entrada de balde e 3 horas de actividades, inchables, obradoiros e moitas sorpresas. Nese festexo celebraranse dous sorteos presenciais de 100 euros en vales de compra para utilizar nos establecementos participantes.

O primeiro dos sorteos terá en conta as entradas utilizadas na ludoteca, mentres que o segundo, a tódolos clientes que cubran o reverso dos recibos de compra dos comercios asociados e os depositen nunha urna que haberá na entrada da ludoteca.

Tanto a normativa da ludoteca coma as bases dos sorteos atópanse nos establecementos participantes, así como na web e redes sociais da ABE.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...