Boiro habilita 120 novas prazas de aparcamento na praza da Mancomunidade

10 Xullo 2020

O Concello de Boiro está a traballar por aumentar as prazas de aparcamento no centro urbano para favorecer o comercio. O goberno local vai comezar o luns as tarefas de acondicionamento dunha finca situada na Praza da Mancomunidade para destinar a aparcamento público e habilitar unhas 120 prazas de aparcamento para favorecer o comercio local.
O novo espazo de estacionamento vai estar situado nunha finca da praza da Mancomunidade e vaise acondicionar de xeito que quede unha capacidade para uns 120 vehículos no centro do municipio. Estas novas prazas de aparcamento van ser gratuítas e, o que se pretende, é gañar espazo para
estacionar na zona centro, con intención de favorecer o comercio e a hostalería.
O Concello de Boiro traballa para favorecer as zonas de aparcamento no
casco urbano. Neste ano xa se habilitaron unhas 80 prazas na Avenida da
Constitución, onde se retirou o espazo de estacionamento de camións. A
vindeira semana abrirá ao público o aparcamento de A Boqueira de A Negral, co que se van gañan 60 prazas, ás que se lle van suman as 120 que se van habilitar na praza da Mancomunidade.
As tarefas de desbroce e acondicionamento desta finca empezarán a vindeira semana para que o aparcamento estea operativo para o uso da
cidadanía este verán.

Praza da Mancomunidade Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.