O Concello de Boiro pon a punto as mesas electorais para facilitar a votación e evitar aglomeracións

08 Xullo 2020

O Concello de Boiro deu conta dos traballos realizados para acondicionar e optimizar os colexios electorais do termo municipal con vistas aos comicios autonómicos do 12 de xullo. Os labores están a poñer o foco na seguridade sanitaria, co fin de evitar o mínimo risco para a cidadanía. Segundo fixo saber o Goberno local, “durante a xornada intensificarase o control e a limpeza en todos os colexios electorais, así como a sinalización das mesas e dos accesos aos centros para que non se formen aglomeracións”.

O persoal técnico da Xunta de Galicia visitou todos os colexios e Protección Civil e o persoal municipal esta a traballar para sinalizar e dotar todas as mesas das medidas de protección e seguridade esixidas.

Segundo engadiu o Concello, o colexio con maior problemática (debido ao numero de mesas e votantes) é precisamente o de Boiro, situado no polideportivo da Cachada. Co fin de minimizar o risco e facilitar os movementos da cidadanía que acuda a votar este domingo, empregarase un sistema de cores: na parte exterior do inmóbel vanse colocar uns carteis indicativos co número de cada mesa, as rúas que corresponden a cada unha e a cor que se lles asigna para que as persoas poidan localizar a que lles corresponde xa antes de entrar nas instalacións. A idea é evitar que se formen aglomeracións.

O Concello de Boiro mantén os cambios nas mesas electorais das ultimas eleccións e incorpora novos cambios, solicitados xa para os comicios que se ían celebrar en abril. Deste xeito, mantéñense os cambios nas mesas electorais de Boiro, que se van localizar todas no polideportivo da Piscina Municipal de A Cachada, e as de Cabo de Cruz, que se centralizaron todas no Centro Social de Cabo de Cruz.

Ademais, nas eleccións fanse efectivos os cambios nas mesas de Cespón, a que estaba situada na unitaria de Vilariño pasa para o Centro Social de Cespón. A mesa que estaba no CEIP de Abanqueiro pasa agora para o andar baixo do Centro Social de Abanqueiro. A mesa que se atopaba na Escola Unitaria de Pazos-Comoxo pasa agora ao Museo-Centro Etnográfico de Comoxo. A mesa da Gardaría da Magdalena estará agora no Centro Social de Escarabote.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.