Identificado un condutor temerario circulando en sentido contrario polo casco urbano de Rianxo

06 Xullo 2020

O Policía Local de Rianxo informou da identificación dun vehículo conducindo a gran velocidade e en sentido contrario nas estradas do concello, máis en concreto no casco urbano de Rianxo. A identificación do condutor levouse a cabo en colaboración co Grupo de Investigación e Análise de Tráfico GIAT, ao abeiro do Plan Autonómico de Coordinación de Seguridade Viaria.

Segundo informou a Policía Local, os feitos aconteceron de madrugada o pasado 22 de xuño, cando un vehículo cruzou parte da vila circulando a gran velocidade e en sentido contrario nun treito duns 200 metros e unha rotonda. Os feitos foron coñecidos tras ser gravados, publicados e posteriormente difundidos nunha rede social. Unha vez que os investigadores puideron saber deste delito de condución temeraria, comezaron de forma coordinada as pescudas tendentes á identificación da súa autoría.

A Policía Local de Rianxo informou de que no transcurso da operación Hondapower chegouse a determinar de forma plena o vehículo empregado logo dunha análise pormenorizada do vídeo difundido, o cal foi localizado e interceptado o pasado 2 de xullo procedéndose á plena identificación do condutor no momento de producirse os feitos. Dita persoa, residente nun concello da Barbanza, autoinculpouse recoñecendo os feitos en dependencias policiais os feitos.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.