Dous alumnos do CIFP Coroso de Ribeira resultan premiados no concurso “Atrévete” a ter unha idea

04 Xullo 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de recoñecer a estudantes de 23 centros educativos de toda Galicia cos premios do concurso Atrévete a ter unha idea, un certame enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende. Entreos premiados están os alumnos Oscar Gómez Pouso de 2º ESO IES co proxecto: “Os puntos da igualdade” e Manuel Paz Alborés 2º ESO con proxecto: “Desenvolver unha intelixencia artificial”, os dous son estudantes do CIFP Coroso Nº 1 de Ribeira coa colaboración da Asociación de Empresarios de Ribeira.

O obxectivo deste programa é darlle a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar a comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades.

Puideron participar no certame alumnas e alumnos de 5º/ 6º de Educación Primaria e 1º / 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Para facelo, deberon buscar unha idea de negocio e redactala como máximo en dúas páxinas. Os premios agora concedidos recoñecen as mellores propostas de negocio en cada zona.

Os estudantes premiados poden consultarse no portal educativo.

O programa ‘Atrévete’ ten dúas partes e, ademais do devandito concurso, inclúe unha serie de visitas do alumnado a empresas e asociacións de empresarios, onde un empresario da zona lles ofrece unha conferencia.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e diferentes asociacións empresariais en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer o tecido empresarial da súa contorna.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.