Novo número da revista mensual “O Barbanza”

01 Xullo 2020

O Grupo Código Cero publica un novo número da revista mensual O Barbanza, o 11, que nesta ocasión trata a actualidade do que se pode gozar nesta primeira parte do verán na comarca do Barbanza.

Neste tempo sen festas, contamos lles as alternativas de lecer que están a organizar os concellos, como o cinema ao aire libre ou as rutas pola natureza e as praias.

O número 11 da revista “O Barbanza” tamén fai balance da COVID-19 na comarca e aborda como vai o relanzamento do sector conserveiro, base da economía da zona. Por último, a uns días das eleccións autonómicas do 12 de xullo, a publicación convidou aos partidos políticos a contar os seus proxectos para “O Barbanza” e para “Galicia”. Cunha tirada de 7.000 exemplares a revista pode atoparse en formato físico en locais, comercios, establecementos hostaleiros e centros da comarca, sendo tamén posible a súa consulta e descarga en liña. Esperamos os vosos comentarios nas redes sociais e no noso email redaccion@obarbanza.gal e no whasapp 608 240 160.

Xa sabedes que queremos contar convosco. Animaros a escribir e informarnos do que acontece no Diario Dixital da comarca “obarbanza.gal“

VER PDF: O BARBANZA 11

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.