Novo impulso financeiro para as empresas da ABE

29 Xuño 2020

A entidade financeira ABANCA renovou o convenio que viña mantendo coa Asociación Boirense de Empresarios (ABE), un novo paso no seu apoio á entidade que se materializará, entre outras cousas, no impulso do crédito ás empresas locais. A entidade financeira galega comprometeuse “coa viabilidade e o crecemento dun dos principais focos de emprego e riqueza da provincia”. O convenio foi subscrito na mañá deste 29 de xuño na localidade coruñesa polo presidente de ABE, Daniel García, e pola directora da oficina principal de ABANCA en Boiro, Mercedes Blanco.

Grazas a este convenio o banco pon a disposición das empresas e comercios do concello un plan de financiamento que, en palabras da entidade financeira, “responde de maneira integral ás súas necesidades”.

O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Así, os empresarios boirenses contarán con “produtos especificamente deseñados”, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

Daniel García amosou a súa gratitude coa entidade bancaria que “leva colaborando estreitamente coa ABE dende hai moitos anos e que é un dos nosos aliados estratéxicos á hora de desenvolver proxectos”.

A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para “as necesidades máis inmediatas” e así poder afacerse as empresas ás demandas da actividade diaria.

O colectivo terá á súa disposición outros servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Do mesmo xeito, os empresarios asociados de Boiro poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que tamén porá a disposición dos profesionais o seu servizo de banca electrónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.