
Dentro do programa municipal Corresponsables, o Concello de Dodro convocou a nova edición (a correspondente a 2026-2027) do Concilia Nadal, unha actividade de conciliación para cativos de 3 a 12 anos empadroados no concello de Dodro que busca facilitar a harmonía entre a vida laboral das nais e os pais e o lecer da rapazada en tempo de Nadal.
O servizo desenvolverase de 9 da mañá a 14 horas na casa da Cultura os días 28, 29 e 30 de decembro do 2026 e 4 e 5 de xaneiro do 2027.
O período de inscrición ábrese o 1 de decembro e durará ata o día 11. O lugar de inscrición será o rexistro xeral do concello ou por sede electrónica empregando o impreso normalizado empregado para tal fin.
Máis información no 981 802 466,






