A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

26 Novembro 2026

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas.

O acto, que tivo lugar a carón da escultura que rende homenaxe ás vítimas da violencia de xénero, contou coa participación da veciñanza e de representantes municipais.

Desde o Concello da Pobra do Caramiñal reafirmaron o “seu compromiso coa igualdade, a prevención e a loita contra as violencias machistas, unha responsabilidade que implica a toda a sociedade os 365 días do ano”.

Lembrar que ata o 30 de novembro, os mesmos xardíns albergarán unha exposición informativa instalada sobre estruturas en forma de prisma.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...