
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, recibiu esta tarde os cinco usuarios de Ambar que veñen de aprobar as oposicións da Xunta para a agrupación profesional de cociña e limpeza. Definiunos como “un exemplo de superación e de autonomía, ao demostrar que a discapacidade non é unha barreira para a integración laboral”.
Durante a xuntanza, á que tamén asistiu a presidenta de Ambar, Milagros Rey, a conselleira reafirmou “o compromiso do Goberno galego con todo o tecido asociativo e destacou o labor da entidade na promoción da autonomía das persoas con discapacidade do Barbanza”. Ao mesmo tempo, agradeceu o labor da entidade que leva máis de 40 anos traballando para consolidar e visibilizar os dereitos das persoas con discapacidade, principalmente a través da promoción dun proxecto de vida autónomo a través dos seus centros para impulsar a súa integración sociolaboral.





