Boiro acolle este domingo a proxección de O silencio herdado

26 Novembro 2026

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cinema Mestre Mateo, que leva aos concellos a produción audiovisual máis destacada do ano pasado. A seguinte sesión será este domingo 29 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro. Proxectarase o documental O silencio herdado.

O silencio herdado é unha longametraxe documental galega de 2025 dirixida por Lucía Dapena González que explora a memoria familiar e os traumas silenciados da Guerra Civil e o franquismo a través da relación entre a directora e a súa avoa, Edilia,

Guión: Lucía Dapena, Liliana Díaz Castillo

Fotografía: Lucía C. Pan, Lucía Dapena

Edición: Juan Soto Taborda, Liliana Díaz Castillo

Produción: Lucía Dapena, Paulina Martinez, Matheus Mello, Suso López

Sinopse

Como falar do que non se conta? Lucía achégase á súa avoa Edilia na procura de respostas, mais só atopa silencio. Un silencio denso, doloroso, imposible de romper. Cando comprende que Edilia nunca lle dará as respostas que busca, ambas exploran os límites da palabra e da imaxe, convertendo ese silencio no seu lugar de encontro.

A directora

Lucía Dapena é unha cineasta galega especializada en cinema documental, formada na Universidade Pompeu Fabra. É cofundadora de La Selva. Ecosistema Creatiu, plataforma dedicada á creación e produción audiovisual. Como directora e guionista, participou no filme colectivo Disonar (2022), proxectado en certames como a Biennal del Pensament e a Mostra de Films de Dones de Barcelona ou MIDBO. É tamén coguionista da longametraxe On eres quan hi eres?, dirixida por Jana Montllor.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...