Os drons contribuirán a previr lumes nos concellos do Barbanza

17 Xullo 2019

20190717 A comarca de Barbanza segue a pechar fileiras na loita contra o lume. Este mes de xullo puidemos saber que os traballos de limpeza forestal do sistema autonómico de xestión de biomasa (sistema creado a través do convenio de protección das aldeas asinado entre a Consellería do Medio Rural, SEAGA e a Federación Galega de Municipios e Provincias, a FEGAMP) abranguerán os concellos de Porto do Son (onde se rozarán máis de 315 hectáreas, nas parroquias de Baroña, Caamaño, Ribasieira e Xuño), Boiro, Lousame e Rianxo, todos eles municipios da nosa contorna.

Os traballos a realizar desenvólvense con drons que avalían o terreo e, en base ao seu labor de seguimento, permiten coñecer polo miúdo o estado da vexetación de cada unha das parcelas incluídas nas áreas a intervir. Os vehículos aéreos tamén analizan o estado dos accesos ás contornas en seguimento.

As parroquias que se integren no convenio terán ao alcance da man a posibilidade de ter limpas as súas propiedades dentro das franxas dos 50 metros próximos aos núcleos de poboación “a un prezo máis económico có prezo de mercado pola execución destes traballos, a 35 euros cada mil metros cadrados”.

A día de hoxe xa hai 204 concellos galegos adheridos a este sistema de xestión de biomasa, un número que, segundo advertiu os días pasados Medio Rural, seguirá a medrar en canto se fagan visíbeis as vantaxes que supón o convenio para os municipios e a súa veciñanza.

En virtude deste acordo actuarase para previr incendios en 70 parroquias de 35 concellos da Comunidade no período 2019-2022 mediante a xestión da biomasa nas faixas secundarias.

En termos de superficie, está programado actuar nunhas 4.500 hectáreas este ano, ata chegar a unhas 16.000 ao remate do período. Na provincia da Coruña son 14 as parroquias seleccionadas, pertencentes aos concellos de Carballo, A Coruña e Teo, amais dos municipios barbanzáns de Boiro, Lousame, Rianxo e Porto do Son.

Outros artigos

Entregados no Son os premios do Concurso de Maios

O Concello de Porto do Son (Concellerías de Medio Ambiente e Deportes e Xuventude) entregou os días pasados os premios do Concurso de Maios convocado para festexar a chegada da primavera e dirixido a todos os colexios de Infantil e Primaria do municipio para festexar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...