A Pobra facilita a conciliación familiar cun obradoiro lúdico para a ponte de decembro

23 Novembro 2026
  • A actividade celebrarase o luns 7 de decembro no CEP Salustiano Rey Eiras e está dirixida á rapazada de entre 3 e 12 anos.
  • O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro mércores 2 de decembro con prazas limitadas e bonificacións para familias con varios fillos.

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellería de Igualdade, vén de abrir o prazo de inscrición para un novo obradoiro de conciliación que se desenvolverá o vindeiro luns 7 de decembro. A iniciativa está pensada para ofrecer unha alternativa ás familias durante esta xornada laboral non lectiva, facilitándolles a organización entre o traballo e os coidados.

A proposta está dirixida a nenas e nenos de educación infantil e primaria —con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos— e terá lugar nas instalacións do CEP Salustiano Rey Eiras. O horario xeral da actividade será de 9.00 a 14.00 horas, aínda que o servizo contará con opción de madrugadores e comedor para quen o precise, prolongándose neste último caso a atención ata as 16.30 horas. Durante a xornada, a rapazada participará en dinámicas centradas no xogo, a aprendizaxe e a convivencia.

Desde o departamento municipal de Igualdade subliñan a relevancia de manter este tipo de recursos públicos para apoiar ás familias e avanzar cara á corresponsabilidade nos coidados, ao tempo que se garante un espazo de lecer seguro para a infancia.

Inscricións e tarifas

O prezo da actividade estableceuse en 5 euros por participante. Co obxectivo de apoiar ás familias con máis dunha crianza, aplícase un desconto do 50 % para o segundo irmán ou irmá, mentres que a inscrición será totalmente gratuíta a partir do terceiro.

As persoas interesadas en solicitar unha das prazas limitadas teñen de prazo ata o mércores 2 de decembro. O trámite pode formalizarse de xeito telemático a través da sede electrónica municipal —presentando unha instancia xeral—, ou ben de forma presencial na oficina de rexistro do Concello ou nas dependencias do Servizo de Igualdade. Para resolver calquera dúbida, o departamento habilitou o teléfono 981 832 764 (extensión 6) e o enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.