“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

21 Novembro 2026

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e á ditadura. A decisión foi publicada onte no Boletín Oficial do Estado, cadrando con 51 aniversario do pasamento do xeneral Francisco Franco e na aplicación da Lei da Memoria Democrática que avala a retirada das medallas a quen formase parte do “aparato da represión da ditadura” ou atentase “contra os dereitos humanos”.

Deste xeito cúmprese o establecido na devandita Lei, que establece que as condecoracións e recompensas concedidas con anterioridade á entrada en vigor desta lei, poderá revisarse cando quede acreditado que con anterioridade á vixencia desta, poderá revisarse cando quede acreditado que o beneficiario, antes ou despois da concesión, con motivo de ter formado parte do aparato de represión da ditadura franquista, tivese realizado actos ou observado condutas “manifestamente incompatibles cos valores democráticos e os principios retores de protección dos dereitos humanos, así como cos requisitos para a súa concesión”.     

Pedro Barrié de la Maza, como é sabido, amáis de dono do xa desaparecido Banco Pastor, foi o máximo dirixente da extinta Unión Fenosa e de Astano, e un dos principais financeiros do bando fascista na guerra civil española.

Esta orde de retirada de Medallas ao Mérito no Traballo afecta tamén a Pilar Primo de Rivera, fundadora e líder da Sección Feminina, e á Organización Sindical do Movemento (o  sindicato vertical do franquismo).

Teóricamente esta decisión ministerial pode ser a derradeira da avogada ferrolana Yolanda Díaz, ministra de Traballo e vicepresidenta segunda do Goberno con Pedro Sánchez como presidente do mesmo.  

Yolanda Díaz anunciou recentemente que abandona a política.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.