O Concello da Pobra do Caramiñal celebra un pleno extraordinario que comeza cun minuto de silencio en memoria de Xaquín María del Valle-Inclán

20 Novembro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou hoxe, 20 de novembro, unha sesión extraordinaria do pleno municipal na que se abordaron diferentes asuntos relacionados coa xestión económica, administrativa e organizativa do municipio. A sesión desenvolveuse con normalidade e os puntos sometidos a votación foron aprobados.

Ao inicio do pleno, a Corporación Municipal gardou un minuto de silencio en memoria de Xaquín María del Valle-Inclán Alsina, escritor, profesor e investigador, neto de Ramón María del Valle-Inclán, falecido recentemente aos 73 anos.

Con este xesto, o Concello quixo renderlle unha homenaxe e expresar o seu pesar pola perda dunha figura vinculada á conservación, ao estudo e á difusión do legado literario e familiar de Valle-Inclán.

Durante a sesión tratáronse, entre outras cuestións, a Conta Xeral correspondente ao exercicio de 2025, diversas modificacións de crédito do orzamento municipal de 2026 e asuntos relacionados coa Relación de Postos de Traballo.

A cidadanía pode consultar a orde do día completa e coñecer os asuntos tratados a través da páxina web municipal.

Desde o Concello reitéranse as condolencias á familia e ás persoas achegadas de Xaquín María del Valle-Inclán Alsina, así como o recoñecemento ao seu labor de investigación e divulgación cultural.

Outros artigos

A Deputación destaca no Freixo (Outes) o traballo das mulleres do mar

A deputada de Mar e Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, reuniuse na Aula Sostible do Freixo coa Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros-Noia. No encontro, Capelán destacou o traballo das mulleres do mar para coidar os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.