
O Concello de Boiro leva a cabo, durante o curso 2026/2027, o Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V, destinado a 20 alumnos/as traballadores divididos nas especialidade de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e Instalación de elementos de carpintería.
A través desta iniciativa de formación dual o alumnado combina a formación teórica e práctica coa execución de actuación reais de gran valor para o municipio.
O alumnado, que conta cun contrato de traballo para a formación e aprendizaxe a tempo completo, fórmase de xeito teórico e tamén práctico.
O alumnado de forestal traballa na consolidación de frondosas, nos tratamentos silvícolas e na limpeza de faixas secundarias, contribuíndo así á conservación dos espazos naturais e á prevención dos incendios forestais. Xa se realizaron traballos na finca do Pazo de Goiáns, na comunidade de montes de Sealo, na contorna dos Castros de Neixón ou en Ribademar no trazado do Camiño A Orixe.
En canto ao alumnado de carpintería, está a desenvolver traballos para a reparación de elementos das pasarelas de madeira da praia de Carragueiros, Barraña ou Mañóns e nas do paseo do río Coroño. O alumnado realiza tamén traballos no taller para a preparación de elementos dos centros sociais de Abanqueiro e Boiro.
Para levar a cabo este Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V o Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia unha subvención por importe de 467.052,00 euros.




