O gobernador de Wakayama convida ao alcalde de Padrón a visitar Xapón

19 Novembro 2026
Visitando a ara romana do Pedrón na Igrexa de Santiago de Padrón

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e membros do Goberno municipal recibiron esta mañá na Casa Consistorial o gobernador da prefectura xaponesa de Wakayama, Izumi Miyazaki. A visita permitiu reforzar os lazos de amizade entre Padrón e Shingu, localidade desta prefectura coa que a capital do Sar está irmandada.

Miyazaki, que se atopa en Galicia para percorrer o Camiño de Santiago e coñecer o sistema de acollida de peregrinos, agradeceu o recibimento e asinou no Libro de Honra do Concello. Durante o encontro, convidou o rexedor padronés a visitar Wakayama.

Izumi Miyazaki asinou no libro de Honra do Concello

A tradición peregrina constitúe un dos principais vínculos entre ambos os territorios: Padrón e Shingu forman parte, respectivamente, do Camiño de Santiago e da ruta Kumano Kodo, recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Na súa intervención, Anxo Arca lembrou tamén a visita que estudantes xaponeses realizaron a Padrón en 2025 no marco do irmandamento.

Durante o intercambio de agasallos, o alcalde entregoulle ao gobernador un libro en xaponés sobre Rosalía de Castro, unha figura de Sargadelos dun peregrino en bicicleta e unha selección de produtos típicos padroneses, entre eles os caramelos de pemento. Pola súa banda, Miyazaki obsequiou o rexedor con dúas copas empregadas en actos oficiais.

Tras a recepción, ambas as comitivas trasladáronse á igrexa de Santiago, onde Anxo Arca explicou a historia do Pedrón e o vínculo da vila coa tradición xacobea, que distingue Padrón como Berce do Xacobeo.

A axenda da delegación de Wakayama en Galicia incluíu un tramo do Camiño e a visita á Fundación Camilo José Cela. Pola mañá visitou Santiago para coñecer o funcionamento do sistema de acollida de peregrinos, acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

Visitando a ara romana do Pedrón na Igrexa de Santiago de Padrón

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.