
O Concello de Boiro realiza unha convocatoria pública para a elección de xuíz/a de paz titular. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto dende este xoves 19 de novembro e por un período de 10 días hábiles.
Segundo se fai saber nas bases da convocatoria, as persoas aspirantes deben ter o seu lugar de residencia en Boiro e cumprir unha serie de requisitos específicos como aqueles establecidos na Lei Orgánica 6/1985 do 1 de xuño do Poder Xudicial para o ingreso na carreira xudicial; ter a nacionalidade española e ser maior de idade; ou non estar incusos en causas de incompatibilidade ou incapacidade previstas no desempeño das funcións xudiciais.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, publicado o listado provisional e resoltas as posibles alegacións, será o pleno da Corporación, co voto favorábel da maioría absoluta dos membros, o que faga o nomeamento entre as persoas aspirantes. As bases da convocatoria e a documentación a presentar está dispoñible na páxina web municipal.



