Iria Pinheiro leva a súa denuncia ao patriarcado (Vitória) á Casa da Cultura de Outes (o 28 de novembro)

19 Novembro 2026

No marco do programa teatral Outes a Escena, a actriz e dramaturga Iria Pinheiro levará á Serra a obra Vitória, unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a propia actriz cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía característicos do cabaré.

“Escribín Vitória, retrato dunha denuncia porque quería que as cousas cambiasen. Compoñer un manual de supervivencia para as outras mulleres, para quen puidese estar nunha situación de denuncia. Simplemente cuspín ao patriarcado”. (Iria Pinheiro).

Será este sábado 28 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Outes (unha vez comezada a función, non se permitirá o acceso á sala). Trátase dunha obra para público adulto. A entrada é gratuíta e pode retirarse en Bandoticket.com ou na Casa da Cultura de Outes.

Esta obra está incluída no Bono Xeral.

Espectáculo : Vitória, retrato dunha denuncia

Actor Secundario : Salva del Río

Actriz Secundaria : Victoria Pérez

Actriz Protagonista : Iria Pinheiro

Maquillaxe : Kiliminó

Vestiario : Atôla

Iluminación : Daniel Abalo

Texto Orixinal : Iria Pinheiro

Dirección : Victoria Pérez, Iria Pinheiro,Salva del Río e Susana Villaverde

Dirección de movimiento : Vedettes Galegas

Espazo sonoro : Mónica de Nut e DJ Concha

Espazo escénico : Daniel Abalo

Outros artigos

O Concello de Boiro elixe novo xuíz/a de paz titular

O Concello de Boiro realiza unha convocatoria pública para a elección de xuíz/a de paz titular. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto dende este xoves 19 de novembro e por un período de 10 días hábiles. Segundo se fai saber nas bases da convocatoria,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

“Ameazas de bombas para os escolares galego”. Antón Luaces

Unha trintena de centros escolares públicos e privados galegos recibiron onte, mércores, cadanseu correo electrónico con esta expresiva mensaxe: "Si desea salvar la vida de los estudiantes, abandone el edificio". Con educación e perfecto castelán, mais cun ton...

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.