Natalia Botana aborda coa Confraría de Rianxo as principais necesidades dos servizos portuarios

18 Novembro 2026

A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, mantivo esta mañá unha reunión co patrón maior de Rianxo, Miguel Ángel Iglesias, e a directiva da confraría de pescadores Virxe do Carme da localidade para abordar as prioridades de actuación para o mantemento dos servizos portuarios. Esta reunión enmárcase na dinámica de contacto directo co sector profesional que realiza a presidenta do ente público para abordar as necesidades das dársenas de titularidade autonómica.

No encontro, celebrado na sede de Portos de Galicia, Botana e Iglesias repasaron as incidencias detectadas no porto en materia de subministro eléctrico, videovixilancia e control de accesos aos pantaláns. Ademais, abordaron o estado de infraestruturas como o desaugue da lonxa e o tubo da boca de incendios ou a cuberta da lonxa vella, que actualmente utiliza a confraría de pescadores como almacén, a través dunha concesión administrativa. Finalmente afondaron nas necesidades en materia de pavimentos así como na demanda de amarres por parte dos usuarios de cuarta e sétima lista.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.