A Banda de Música Municipal de Padrón presenta a tempada 2026-2027 baixo o lema ‘Cando a música fala’

18 Novembro 2026

O programa presentado na casa consistorial polo presidente da agrupación, José Cerqueiras; o director, Santi Mella; e o alcalde, Anxo Arca, estrutúrase arredor de tres grandes citas: os concertos de Santa Icía, de Aninovo e de Rosalía.

Padrón. A Banda de Música Municipal de Padrón deu a coñecer a súa programación para a tempada 2026-2027, un ciclo cultural que se desenvolverá baixo o lema Cando a música fala. O acto de presentación celebrouse na casa consistorial e contou coa participación do presidente da agrupación, José Cerqueiras; o seu director, Santi Mella; e o alcalde de Padrón, Anxo Arca.

Con esta nova proposta, a formación busca poñer en valor a capacidade da música para transmitir emocións, contar historias e xerar puntos de encontro interxeracionais, consolidándose como un dos principais referentes da vida cultural padronesa e mantendo un estreito vínculo coas tradicións e a identidade local.

A nova tempada articúlase arredor de tres concertos ligados a datas e referentes significativos para o municipio. A programación abrirase o sábado 28 de novembro de 2026, no marco do Outono Cultural, co tradicional Concerto de Santa Icía, unha das citas máis arraigadas no calendario da Banda coa que a agrupación conmemora cada ano a patroa da música.

A seguinte actuación terá lugar o sábado 2 de xaneiro de 2027 coa celebración do Concerto de Aninovo, unha proposta coa que a formación dará a benvida ao novo ano ofrecendo á veciñanza un novo encontro musical. Finalmente, a tempada continuará o sábado 20 de febreiro de 2027 co Concerto de Rosalía, unha cita vinculada á figura de Rosalía de Castro e á profunda relación da escritora coa historia e coa identidade cultural de Padrón.

Desde o Concello de Padrón animan tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a acompañar a Banda ao longo destas tres citas culturais.

Outros artigos

Varios colexios de Ribeira asisten a unha función teatral en inglés

Cinco centros educativos de Ribeira afondaron máis na súa aprendizaxe en inglés coa función teatral Face and face coa colaboración do Concello de Ribeira. Esta actividade desenvolveuse nesta mesma mañá no Auditorio Municipal coa participación do CEIP Frións, CEIP O...

+

O Son inaugura a exposición Mulleres e Mar, no marco do 25N

Este martes 17 de novembro celebrouse no Son (Museo Marea) a inauguración da exposición Mulleres e Mar, impulsada por Asamblea de Cooperación pola Paz Galicia dentro do proxecto Elas Deciden e no marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

“Pensar doe”.  Xosé A. López Silva

.Hai xa bastantes anos insistíalle eu a un alumno que se atascara nunha tradución do latín: «Pensa, pensa!». O rapaz moveu a cabeza e, ao cabo duns segundos, estoupou, o pobre: «Pensar doe, profesor!». Durante moito tempo contei aquela resposta como unha simple...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.