O BNG, crítico coa remodelación do servizo de autobuses no Barbanza e en Rianxo

18 Novembro 2026
Vehículos da empresa Monbus nunha imaxe de Nós Diario

O BNG de Rianxo vén de emitir un comunicado relativo á nova remodelación do servizo de autobuses impulsada pola Xunta para o Barbanza, un proceso de renovación que está a xerar opinións encontradas xa que, sinalan, hai usuarios que “non atopan as melloras en mobilidades anunciadas polo Goberno galego”. Para o BNG, “o monopolio que de facto creou a Xunta fai que esteamos ao albur da empresa única Monbus que deseñou a medida as súas ligazóns, consecuencia directa de terse eliminado calquera competencia e poñernos nas mans dunha única empresa”.

O BNG de Rianxo lembra que xa fixera as alegacións oportunas ao plan da Xunta “que non foron incorporadas”, alegacións para garantir o paso por Rianxo vila na parada de Setefogas, que, din, “fica agora mermada e desatendida, así como tamén unha redución considerábel das liñas que pasan polas parroquias de Rianxo dando este servizo”. E engaden: “Vemos que os recortes se prolongan até o propio Padrón e xerando moito malestar tamén nas terras de Iria”.

A agrupación sinala que as medidas de supresión abranguen tamén a coñecida como liñas dos hospitais na que subía o persoal traballador destes centros, a media dos horarios laborais, agora obrigando a ir rotonda de Te a coller o bus. Tamén din que se deixou “sen visualizar unha posíbel lanzadeira para levar aos viaxeiros desde Setefogas a Te, como se quixesen que fosen os concellos que compensen esta eiva”.

E engaden: “Nada se ten efectuado na rotonda de Te para que agora sirva como ese eixe de referencia que se quere vender, coa súa marquesiña demasiado pequena, con apenas espazo e problemas de desniveis nas aceiras e no asfalto”.

Critican pois que se “crease unha conexión que non achega nada a Rianxo e que se vende como beneficiosa como é a do Hospital do Barbanza cando a veciñanza sabe (e na Xunta deberían saber) que o noso hospital de referencia é o clínico de Santiago”.

Polo que se refire á conexión coa outra beira da ría e a provincia de Pontevedra, sinalan que “non se fixo nada para mellora, malia haber moitos estudantes do concello que non poden contar con servizo público”. O BNG tamén di que non hai facilidades para empregar a parada de tren máis próxima ao Barbanza e empregada por numerosas persoas da contorna: “Segue sendo imposíbel a conexión dos servizos de autobuses co tren”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Que la información fluya”. José Castro López

“Que la información fluya”. José Castro López

En el fútbol se producen lances del juego en los que la decisión del árbitro acabafavoreciendo al infractor cuando la aplicación estricta del reglamento detiene una acciónmuy prometedora del equipo atacante o permite que el equipo que cometió la falta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.