Hai un bo número de electores que teñen decidido firmemente o seu voto, consecuencia do medo que lles impón un teóricamente posíbel goberno bipartito PP/Vox. Este medo pode influir na resposta de apoio aos partidos da esquerda?. Probablemente, sí. Porque o medo é libre e somos moitos os aínda vivos que lembramos a ditadura franquista e, consciente ou inconscientemente, establecemos similitudes entre o vivido con Franco no palacio do Pardo e o que, presumiblemente, se pode agardar dun Goberno presidido por Núñez Feijoo na Moncloa, con Santiago Abascal coma segundo de abordo.
É comprensíbel o medo. Pero dubido que posíbel nunha España que xa sabe -sabemos- o leite que da a vaca insolidaria, de recurtes, sen posibilidades de erguer a cabeza máis aló do que pernite a memoria. E esta fala de cambios trascendentais rexistrados aos que a cidadanía non está disposta a renunciar por máis presión que Vox poidera exercer nese teórico bipartido.
Os últimos estudos sobre aproximación aos resultados que se poidan rexistrar nas eleccións do 29 de novembro anuncian unha superación do PSOE ao PP U(este en descenso en troques de Vox, que incrementaría as espectativas colleitadas ata o de agora. E aínda así existe a esperanza de que Pedro Sánchez sexa quen de barallar posíbeis entendementos para conformar maiorías de goberno cos partidos alleos ao PP/Vox e seguir dar unha tranquilidade necesaria para un país con medo ao que poida “vir”.
Porque se falamos sen formulacións partidistas, semella que o troco experimentado en España non pode -nin debe- retrotraernos ao pasado. E Vox é pasado. E o PP, con Vox, xoga no mesmo bando do que Abascal. Sería xogar a unha ruleta na que a maior parte dos que considero esquerda non levan as de gañar.
Quedan poucos días para sabelo.



