
Coa chegada das eleccións xerais do 29N, a asociación Amicos, entidade inclusiva do Barbanza, abriu un diálogo cos grupos políticos para que as e os representantes destes presenten as súas propostas electorais ante as persoas que acoden ao Centro de Día e ás residentes do Fogar Amicos.
A iniciativa, enmarcada no proxecto Cidadanía Inclusiva, busca crear unha comunicación “accesíbel” a través da cal as persoas participantes poidan coñecer os programas electorais, formular preguntas e recibir información clara sobre as propostas que afectan á súa vida cotiá.
O obxectivo é “garantir que todas as persoas dispoñan de información clara, veraz e accesíbel para poder decidir con liberdade e exercer o seu dereito a voto”.
Os encontros programados buscarán crear unha conversa real entre as candidaturas e as persoas con discapacidade que forman parte de Amicos.
-Martes 17 de novembro
PSOE
Obdulia Taboadela
Ana Alvite
11:30 h
Líder listas ao Congreso pola Coruña
No3 listas ao Congreso
-Xoves 19 de novembro
PP
Fabiola García
Nolo Romero
10:30 h
Líder listas ao Congreso pola Coruña
Integrante xestora PP Boiro
-Venres 20
Podemos
Por determinar
11:30 h
Estas xornadas buscan garantir que as persoas con discapacidade intelectual teñan información, tempo, apoio e espazo para decidir por si mesmas. Inclúen (entre outras actividades) recepción e benvida aos representantes políticos; encontros coa comunidade; presentación das propostas, preguntas e intercambio de opinións.



