Manuel Ruiz e María Sampedro din que o PP defenderá os intereses do sector do mar

16 Novembro 2026

O candidato popular ao Congreso pola provincia da Coruña, Manuel Ruiz, e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, mantiveron hoxe unha reunión co sector do mar e coa vontade de trasladar o programa e compromisos adquiridos polo Partido Popular cara as eleccións xerais do 29-N. Durante o encontro, os populares reafirmaron o apoio da formación a tódalas actividades económicas vinculadas ao mar por ser “estratéxicas para Galicia, como ben se pode corroborar en Ribeira; que posúe un dos principais portos de baixura de toda Europa, ademais de ostentar unha das rulas con maior volume de facturación de todo o territorio galego e ter toda unha potente industria vencellada á transformación e comercialización dos recursos pesqueiros e marisqueiros”.

A rexedora manifestou aos presentes “a férrea defensa dos intereses do sector do mar como ben fixo Ruiz Rivas durante todos estes anos no Senado a través da Comisión de Pesca”. E engadiu: “Foron moitas as iniciativas que botamos a andar para a mellora de vida dos nosos mariñeiros que supón, nin máis nin menos, que mellorar a situación de moitas familias de localidades costeiras como Ribeira. Galicia non se entende sen o mar. A nosa economía depende
en grande medida do mar. A nosa sociedade está artellada arredor do mar. Defender o mar é defender a nosa xente”.

Ruiz engadiu a isto que “nós fomos e somos o altofalante que leva as demandas dos mariñeiros para buscar solucións. Non se trata só de escoitar,
tamén hai que actuar; e a isto, precisamente, comprométese o Partido Popular, o futuro goberno de Alberto Núñez Feijóo e, como candidatos e ribeirenses, o propio Manuel Ruiz e Fabiola García, número 5 e 2 ao Congreso, respectivamente”. Engadiu que “son moitas as propostas do programa electoral que versan
sobre un cambio necesario, un cambio para mellor para toda a frota, non só actuando a nivel estatal, senón tamén europeo, tentando o cambio da política pesqueira común e que o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) teña un maior impacto positivo para Galicia”.

O ex-alcalde de Ribeira e a actual alcaldesa apuntaron como “vital” a busca de solucións a “importantes reticencias, restricións e perda de acceso a caladoiros ás que se enfronta a frota pesqueira debido á normativa europea, ao vencemento de acordos internacionais e aos plans de ordenación marítima que deixan de lado a realidade dos nosos barcos como se constata no que está acontecendo en Mauritania”.

“Todas estas iniciativas que recollemos no noso programa serán a base das políticas pesqueiras do goberno encabezado por Núñez Feijóo”, sentenciaron.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una campaña a cara de perro” – José Castro López

“Una campaña a cara de perro” – José Castro López

El cuarto día de campaña me lleva a recordar a Fernando Quesada, el humorista que ejerció con maestría el oficio de “hacer reír y hacer pensar” a los gallegos durante décadas. Sus viñetas eran excelentes editoriales sobre los asuntos importantes de la actualidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.