Cinco alumnos do programa formativo de Ambar superaron as oposicións da Xunta

16 Novembro 2026

Ambar, asociación inclusiva do Barbanza, emitiu un comunicado relativo aos seus éxitos recentes en materia de formación. Segundo informou a entidade, ata cinco persoas con diversidade funcional superaron recentemente as oposicións da Xunta na categoría de limpeza e cociña.

Engádese que o 70% do alumnado formado por Ambar acadou proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Estes e outros datos reflíctense nas resolucións publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG no 211) do 4 de novembro de 2026, onde se confirman, en palabras de Ambar, “os excelentes resultados obtidos no proceso selectivo reservado para persoas con diversidade intelectual na agrupación profesional (AP) nas especialidades de limpeza e cociña”.

Un total de 5 das 7 persoas que prepararon este proceso selectivo a través do programa de formación de Ambar e foron propostas para o seu nomeamento oficial como persoal funcionario de carreira da Xunta de Galicia.

As persoas que alcanzaron este importante logro profesional son Raquel Hernández Noya, Vanesa Villar Sardiña, Fernando Carvalho Lisboa, Ricardo Rama González e María Elena Oujo Sampedro.

Para Ambar, este resultado “pon de manifesto o esforzo, a dedicación e o talento dos opositores e opositoras, así como a eficacia dos programas de preparación adaptados que promoven a inclusión laboral efectiva”.

A partir da data de publicación da resolución, as persoas propostas dispoñen dun prazo de 20 días hábiles para presentar a documentación requirida e formalizar así o seu nomeamento como persoal funcionario da Xunta de Galicia.

    Outros artigos

    Rois acolle o seu II Concurso de Tapas Rois nun bocado!

    Será durante as fins de semana do 20 ao 22 e do 27 ao 29 de novembro cando Rois acolla o seu II Concurso de Tapas Rois nun bocado!, que presentaba o pasado venres 13 de novembro na terraza exterior da Taberna Angueira. Con propostas gastronómicas a un prezo de 2 euros...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Una campaña a cara de perro” – José Castro López

    “Una campaña a cara de perro” – José Castro López

    El cuarto día de campaña me lleva a recordar a Fernando Quesada, el humorista que ejerció con maestría el oficio de “hacer reír y hacer pensar” a los gallegos durante décadas. Sus viñetas eran excelentes editoriales sobre los asuntos importantes de la actualidad...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.