
No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: “Ou gañamos ou acabouse”.
Este “aviso” parte dos “populares”. Máis concretamente, da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Ayuso, e do alcalde da capital de España, Martínez Almeida, pero asimesmo de todos os que se presentan a estes comicios porque, no fondo, uns e outros están convencidos de que os que non gañen -electoralmente falando- e aínda que sexa por distinto motivo, van directamente ao “deixar de ser”: O PP e achegados porque outros catro anos no ostracismo político que é estar na oposición, obriga a soportar as limitacións derivadas do feito do seguidismo obrigado pola falta de iniciativas gobernamentais. Para as esquerdas ven ser unha volta ao pasado e á perda das conquistas acadadas e que retrotraerían aos cidadáns a un pasado de ingrata lembranza.
O obxectivo é, polo tanto, gañar: uns para chegar, os outros para manter o acadado anteriormente. Perder non entra nunca nas previsións dos participantes nunhas eleccións, por máis que tal posibilidade figure na axenda de cada quen aínda que sexa coma simple ou remota probabilidade.
Para Pedro Sánchez remataría un ciclo da súa vida política xa que logo esta podería ter continuidade se quixer el e o seu partido; mais para Núñez Feijoo ou Santiago Abascal sería a despedida dunha vida sempre dependente dos orzamentos municipais, comunitarios ou nacionais. Calquera deles, dun ou doutro xeito coido que pasarían a ser tan só figuras coas que adornar os corredores da sede nacional do seu partido.
Agás que, coma José María Aznar, fosen quen de crear unha fundación desde a que marcar
obxectivos que se persigan con obediencia cega a un líder (que dubido fora o caso).
Polo tanto. Gañar, para seguir. Porque se perdes non hai volta ao tallo.



