
Esta fin de semana prosegue a nova edición (a 12ª) da ruta de tapas Barbanza Arousa + Que Tapas, logo da súa estrea (a pasada fin de semana) en Rianxo. O itinerario gastronómico e cultural recala agora na vila de Boiro, novamente da man da Mancomunidade Barbanza Arousa (formada polos concellos da Pobra, Ribeira, Boiro e Rianxo) coa colaboración da Deputación da Coruña. A experiencia boirense celebrarase do venres 13 ao domingo 15 de novembro.
Participarán os seguintes establecementos: Plaza, Furancho, Uttap 3.catorce, Barbantia, A Batea de Juán, La Burrata, A de Furia, Pancomido, La Matinal, Castelao, A de Caamaño&Alex, Guilligams, Alquimia, Beltane (só para comensais), Adria, La Ubi, Xoanes (só para comensais), Ronsel (só para comensais), Lagarto e Che María
A fin de semana do 20, 21, e 22 celebrarase na Pobra do Caramiñal e a ruta de tapas deste 2026 concluirá no concello de Ribeira os días 27, 28 e 29.
Todos os domingos pola mañá celebrarase no concello no que teña lugar a ruta de tapas unha cata comentada dos viños da I.X.P. Terras do Barbanza e Iria dirixida por un sumiller.
Como é costume, poderanse conseguir agasallos mediante os tíckets que se entregarán nos establecementos participantes con cada consumición. Os premios poderán conseguirse a través da participación na ruleta que estará dispoñíbel os domingos.
O obxectivo da Mancomunidade é “resaltar a riqueza gastronómica do territorio, así como os viños da IXP Barbanza e Iria, fomentando a actividade hostaleira en tempada baixa”, sinalou.




