“Mover os marcos” – Xulio Xiz

11 Novembro 2026

Na Galicia doutrora, onde o rural era un ente puxante, superpoboado e vivo, os marcos das leiras equivalían á conxunción de notaría, Rexistro da Propiedade e Catastro de Rústica.

Parecían estar colocados desde o comezo dos tempos, e cada vez que a herba medraba en demasía e as vacas ao pacer non deixaban clara a súa situación, cada propietario reafirmaba os seus lindes vitais, deixándoos ao aire, marcando territorio.

Ningún veciño ousaba tocarlle a un marco, sendo gravísima agresión o cambio intencionado, chegando a causarse mortes por atentado á sagrada propiedade rural.

No meu camiñar polo Lugo do centro, penso nos marcos cada vez que tropezo con terrazas ocupadas por mesas e cadeiras que aproveitan os estertores do bo tempo para tomar algo á raxeira.

As terrazas, contadas nos tempos pre-pandemia, xeneralizáronse daquela pola necesidade de distanciarnos fisicamente, pero o fenómeno disparouse, e as mesas iniciais foron medrando, creáronse corredores polo medio para mellor aproveitar o espazo, e agora xa cruzan as rúas aproveitando que as zonas semipeonís facilitan a expansión.

Estou seguro que o Concello de Lugo controla escrupulosamente esta colonización hostaleira, que na praza Maior chega a levar consigo nos soportais unha especial preferencia de paso comercial diante do peonil, e que noutros lugares fan sentir aos peóns puros peóns dun xadrez que marca os movementos.

Que conste que a min as terrazas gústanme, aínda que son reacio a utilizalas fora da canícula polas temperaturas que o meu corpo discute. Pero non podo evitar a sensación de que nos están movendo os marcos dunha relativa propiedade pública.

Outros artigos

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...

+

“La grandeza de la democracia”. José Castro López

En 2016, en vísperas electorales en EE.UU, el premio nobel Joseph Stigliz contaba quecuando viajaba por el mundo le preguntaban cómo era posible que llegara tan lejos lacandidatura de ´Donald Trump, un personaje que el catedrático e investigador TimothiGarton Ash...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha páxina aberta en Lisboa”. Xosé A. López Silva 

“Unha páxina aberta en Lisboa”. Xosé A. López Silva 

Calquera persoa encargada dunha exposición bibliográfica ou literaria sabe que unha das tarefas máis complexas consiste en decidir as páxinas polas que se deixa aberto cada volume. Detrás da vitrina, o libro só ofrece dúas planas. Con elas, o visitante recibe a imaxe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.