“Moito no aire: Un debate a dous (PSOE e PP) e outro a catro ou cinco co engadido de Vox e Frente Amplio, con posibilidades para podemos” – Antón Luaces

11 Novembro 2026

Definitivamente será -se non hai trasacordo- a Academia de Televisión quen organice os debates electorais -o primeiro a dous e o segundo a catro ou cinco participantes- para o 29 de novembro. Ambos os dous debates son froito das negociacións levadas a cabo polos representantes do PSOE e o PP, aínda que sen datas confirmadas oficialmente para a súa celebración. O PP ofertou o 16 de novembro para o debate entre Pedro Sánchez e Alberto Feijoo, e un segundo a catro con Santiago Abascal (Vox) e Ada Colau (Frente Amplio).

O acordo, se ben non oficial, existe. Non se fixo público, aínda e con seguridade de datas no que atinxe a cadeas de televisión e o número exacto de participantes  no debate.

Atresmedia propuxo un debate a catro o xoves, 26, que posteriormente, coa aprobación do PP e Vox, pasou a ser o luns, 23 de novembro. RTVE presentou a súa proposta dun debate de portavoces parlamentarios o 23 de novembro, con outro formato e outros protagonistas

Por que non se conta desta vez con RTVE?. Semella sinxelo: o PP esixiu por ecrito que RTVE non organizara ningún dos debates. O PSOE defendía que o debate a catro se levara a cabo nos medios de Radiotelevisión Española. 

Así as cousas, a Xunta Electoral Central deberá ser quen decida que formacións teñen dereito a estes espazos. O seu criterio será decisivo para que Podemos entre no segundo debate.

No aire queda  explicación de cal é o motivo polo que PP e Vox rexeitan a intervención nestes debates electorais de RTVE. Porque é pública e non son estes Gobernos da súa “corda”?. Que problema representan os grandes profesionais destes medios de comunicación que pagamos todos os españois. Só se me ocorre que as experiencias de Feijoo neses medios aínda lle proa. Mais a culpa non é de quen realiza os debates. Para min que é polo grao competencial dos devanditos medios.

As preguntas da Intxaurrondo a Núñez Feijoo aínda proen?

Outros artigos

“Mover os marcos” – Xulio Xiz

Na Galicia doutrora, onde o rural era un ente puxante, superpoboado e vivo, os marcos das leiras equivalían á conxunción de notaría, Rexistro da Propiedade e Catastro de Rústica. Parecían estar colocados desde o comezo dos tempos, e cada vez que a herba medraba en...

+

“Dereitos sociais e narcisistas” – José Manuel Pena

Quen pode estar en contra do incremento do Salario Mínimo Interprofesional, do incremento dos orzamentos para a sanidade pública, a educación pública, para a construción de vivendas públicas; para o mantemento e incremento do ingreso mínimo vital ou das pensións non...

+

“La grandeza de la democracia”. José Castro López

En 2016, en vísperas electorales en EE.UU, el premio nobel Joseph Stigliz contaba quecuando viajaba por el mundo le preguntaban cómo era posible que llegara tan lejos lacandidatura de ´Donald Trump, un personaje que el catedrático e investigador TimothiGarton Ash...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha páxina aberta en Lisboa”. Xosé A. López Silva 

“Unha páxina aberta en Lisboa”. Xosé A. López Silva 

Calquera persoa encargada dunha exposición bibliográfica ou literaria sabe que unha das tarefas máis complexas consiste en decidir as páxinas polas que se deixa aberto cada volume. Detrás da vitrina, o libro só ofrece dúas planas. Con elas, o visitante recibe a imaxe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.