
O pasado sábado (7 de novembro) o Club do Mar de Noia organizou unha sentida e emocionante homenaxe á moza deportista local Rocío Fraguela, con motivo do seu recente título de campioa do mundo de beach sprint, acadado na cidade chinesa de Qingdao. Na cita tamén participaron membros do Concello, como por exemplo o alcalde de Noia, Fran Pérez, quen interveu neste encontro xunto cos membros do Club do Mar e representantes da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, nunha xornada na que compartiron con Rocío a alegría por este enorme éxito deportivo.
“Este é un recoñecemento máis que merecido a unha deportista que, co seu esforzo e dedicación, segue levando o nome de Noia ao máis alto do remo internacional, da man dunha escola de primeira como é o Club do Mar Noia”, sinalaron fontes do Concello.
Rocío Fraguela Moas, remeira integrante do Club do Mar de Noia, proclamouse recentemente campioa do mundo de remo de mar na modalidade de beach sprint (dobre mixto inclusivo). O triunfo tivo lugar en outubro de 2026 en Qingdao (China), onde competiu formando parella co remeiro malagueño Marcos Delgado (Real Club Mediterráneo).




