Rois actualiza o prezo das licenzas urbanísticas, de construción e de expedición de documentos

07 Novembro 2026

O pleno da Corporación de Rois aprobou na sesión ordinaria deste 6 e novembro a actualización de prezos de tres ordenanzas fiscais que afectan aos impostos pola expedición de documentos administrativos, de licenzas urbanísticas e sobre construcións, instalacións e obras (ICIO). Tamén se actualizou o padrón municipal, que a 1 de xaneiro deste ano 2026 contaba con 4.313 habitantes; e se corrixiu un erro material no PXOM para delimitar correctamente o equipamento relixioso e o cemiterio parroquial no núcleo rural de Sorribas.

A actualización de prezos das tres ordenanzas fiscais foron aprobados por unanimidade. Dende o Executivo informan que “tendo en conta que Rois é un municipio susceptibel de albergar a construción de instalacións eólicas, o Concello decidiu actualizar estas tres ordenanzas fiscais nos apartados relativos aos bens inmobles de características especiais (BICES) nos que se inclúen os parques eólicos”. Así, a ordenanza de construcións, instalacións e obras (ICIO), eleva ata o 4%, o máximo permitido pola normativa estatal, o tipo de gravame para este tipo de obras. Para o resto mantense no 2% o tipo xeral, no 2,5% no caso de construcións en solo industrial e no 3% para a construción de máis dunha vivenda unifamiliar (sexa vivenda colectiva ou varias unifamiliares).

Coas licenzas urbanísticas e coa expedición de documentos administrativos pasou o mesmo. Increméntase o tipo de gravame ata o 2% do orzamento de execución material das obras cando a expedición de licenzas refírase a BICES.

Tamén por unanimidade, o pleno aprobou o padrón municipal de habitantes. A 1 de xaneiro deste ano 2026, o municipio de Rois contaba con 4.313 habitantes, 42 persoas menos que o ano anterior.

A partir de agora, o Concello vai delegar na Deputación da Coruña a xestión de inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo ou voo das vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral. O obxectivo e “que as empresas de servizos, como as de telefonía fixa ou móbil ou as eléctricas, paguen unha taxa pola instalacións de cables e contribúan ao mantemento económico do Concello”, informou o Executivo, engadindo que “todas estas modificacións de taxas serán publicadas agora no Boletín Oficial da Provincia e abrirase un período de exposición pública para poder presentar alegacións”.

Todos os concelleiros e concelleiras estiveron de acordo en aprobar unha modificación puntual do PXOM para delimitar correctamente o equipamento relixioso e do cemiterio parroquial no núcleo rural de Sorribas, despois de detectar un erro na planimetría.

O único punto no que non houbo unanimidade foi na adhesión do Concello de Rois ao convenio asinado entre a Xunta e Ecoembres para a xestión de residuos de envases domésticos dun solo uso. A proposta foi aprobada cos 7 votos a favor do equipo de goberno (PP) e 2 en contra do PSdeG, que alegou non estaba incluído o convenio orixinal entre Xunta e Ecoembes na documentación do pleno e non o puidera ler.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.