O Bloque Nacionalista Galego celebrará mañá, sábado 7 de novembro, un acto aberto ao público en Rianxo, no que participarán o deputado no Congreso, Néstor Rego; a candidata do BNG pola provincia da Coruña e concretamente da nosa comarca, Rosana Pérez; e o humorista e comunicador Fran Rei.
O encontro terá lugar ás 20:00 horas no Cuartel Vello de Rianxo e servirá para abordar o traballo desenvolvido polo BNG nas Cortes Xerais, os avances acadados para Galiza e os retos que quedan por diante. Unha cita aberta á participación da veciñanza para coñecer de primeira man a actividade e as propostas do nacionalismo galego de cara ás vindeiras eleccións.
Baixo a mensaxe «Co BNG, Galiza gaña!», o acto enmárcase na actividade de precampaña da formación nacionalista, que busca achegar o seu proxecto á cidadanía e poñer en valor o traballo realizado en defensa dos intereses de Galiza.
DATOS DO ACTO
- Día: sábado, 7 de novembro.
- Hora: 20:00 h.
- Lugar: Cuartel Vello, Rianxo.
- Interveñen: Néstor Rego, Rosana Pérez e Fran Rei.
- Entrada: acto aberto ao público.




