Cinco estudantes italianas do Erasmus+ visitan A Pobra e reciben a benvida do Concello

04 Novembro 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal recibiu a visita de cinco estudantes italianas do Instituto Martino Filetico de Ferentino, situado na provincia de Frosinone, próxima a Roma, que participan no programa europeo Erasmus+.

As mozas, que cursan estudos de linguas clásicas e tecnoloxías, foron recibidas na Casa Consistorial polo alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira de Educación, Amparo Cerecedo; e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo.

Durante o encontro, as representantes municipais deron a benvida ás participantes. Como xesto de hospitalidade, o rexedor dedicoulles unhas palabras en italiano para saudalas e expresarlles os seus mellores desexos durante a súa estadía na vila.

A visita enmárcase no programa Erasmus+, unha iniciativa da Unión Europea que promove a mobilidade educativa e o intercambio de experiencias entre alumnado de diferentes países, favorecendo o coñecemento doutras culturas e realidades sociais.

Esta recepción institucional permitiu poñer en valor a importancia da cooperación educativa internacional e das oportunidades que ofrece á mocidade para ampliar coñecementos, compartir experiencias e establecer vínculos entre distintas comunidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.