O Centro Arqueolóxico do Barbanza celebra este sábado un novo obradoiro de cestería para a rapazada

04 Novembro 2026

O Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro) vai acoller este sábado 7 de novembro a segunda edición do seu Obradoiro de Cestería Prehistórica, unha actividade divulgativa e creativa para crianzas de 6 a 14 anos e que está prevista en horario de mañá, de 11.00 a 13.00 horas, logo do éxito de participación da primeira convocatoria. Segundo informou o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Concello de Boiro), trátase dun obradoiro para que a rapazada descubra como se facía un cesto na prehistoria empregando técnicas tradicionais.

En concreto, ao longo da sesión, a rapazada descubrirá como se elaboraban os cestos na prehistoria empregando técnicas tradicionais. Ademais, poderán confeccionar o seu propio cesto e levalo como recordo para a casa.

A actividade require inscrición previa.

Aforo limitado a 15 prazas por sesión (terán preferencia na adxudicación as nenas e nenos que non asistisen á edición anterior do obradoiro).

A actividade será impartida pola Asociación Ambar.

Outros artigos

A Deputación participa nunha nova edición de Culturgal

A Deputación da Coruña participará un ano máis en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que celebrará a súa XIX edición do 26 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A institución provincial contará cunha programación propia que permitirá dar a coñecer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.