
Eran moitos os que agardaban unha reacción deste tipo.
A dereita e a extrema dereita pedían a berros esta decisión, sen ter en conta que non foi el quen decidiu que un tren provocara un dos máis tráxicos accidentes ferroviarios (o segundo en menos dun ano) rexistrados en España.
Puente non figurará nas listaxes socialistas das vindeiras eleccións xerais: abandona a política. Asume o acontecido e váise cos seus dempois de que cumprira o deber esencial de informar aos membros da Deputación Permanente do Congreso dos deputados dos acontecementos rexistrados e adoptar as medidas pertinentes que o caso esixe. Debía dimitir e feito está. Outros non poden dicir o mesmo cando tiveron nas súas mans, ao igual que Óscar Puente, a ocasión de pagar coa renuncia ao cargo que ostentaban a contribución imposta por este.
Agora compre agardar a que o exemplo sexa entendido e que quen o siga adopte as medidas pertinentes que conduzan á mellora efectiva da seguridade no sistema ferroviario español nun prazo non moi longo.
Queda moito por facer, certo; mais o camiño aberto pola dimisión do xa ex ministro Puente debe servir de exemplo a todo aquel que leve ás costas a pesada carga de tantas vidas perdidas no mar e en terra cuxa responsabilidade nunca foi admitida por quen actuaba, disque, a prol dun Estado, dun país, dunha cidadanía, dunhas vítimas.
Unha decisión para min impecable, un xesto honroso, de dignidade. Outros, no seu caso, darían -como moitos deron- a calada por resposta.
Unha determinación a de Óscar Puente que o honra.



