A ribeirense Ana Peleteiro, A Roda, Amigos do Camiño, Pilar Cernuda e Xosé Manuel Piñeiro Medallas Castelao 2020

19 Xuño 2020


O Goberno galego acordou recoñecer coas ‘Medallas Castelao’ na súa edición de 2020 á atleta ribeirense Ana Peleteiro, ao grupo de música tradicional A Roda, ás asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, á xornalista Pilar Cernuda, e ao presentador Xosé Manuel Piñeiro, coñecido como ‘ Superpiñeiro’.

Así o comunicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo. A Medalla Castelao é unha condecoración de carácter civil que concede a Xunta e que recoñece a achega artística, literaria, intelectual ou en calquera ámbito significativo para Galicia. Este galardón entrégase cada ano o 28 de xuño desde 1984, para conmemorar o retorno a Galicia dos restos do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A Medalla Castelao será para Ana Peleteiro. Esta deportista ribeirense acumula, aos seus 24 anos, medallas e récords. É plusmarquista nacional en triplo salto en todas as categorías de idade a partir de sub-18 e campioa de Europa en pista cuberta na súa especialidade.

Nesta edición tamén se recoñece ás asociacións de Amigos do Camiño, a xornalista Pilar Cernuda, xornalista compostelá especializada en información política e o presentador de televisións Xosé Manuel Piñeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.